Esta caste de edificios adoitan ser mudos de tan exquisitos que os pensaron.
Como moito admiten plantas, mellor se son de plástico. Que cando deixan de lucir tíranse e substitúense por outras sen mancharse.
Pero os edificios, son moi sociables, gustan de socializar, conversar. Este está...
Un anxo caído ca súa brancura inmaculada.
A pinza non termou ben ou a man só o deitou na corda.
E velaí está. Deixado, caído, abandonado.
Pero esa pomba á espreita ...
Home.
Muller.
El en camisa.
Ela en braga.
Sen máis.
Claro que tamén pode ser que ese home ou esa muller vistan así.
Pode.
En calquera caso, os dous a pé espido, pisando na mesma toalliña.
E non cumpre máis espazo.
En ningún caso....