estenedor Tag

BLOGME TENDAL CCLXXXII: Home tiñas que ser

Pero se aínda tiña corda! Que desleixo. Esas roupas non están tendidas: están tiradas de mala maneira, a embute, ó chou. Un: “Xa secaredes se queredes” Así non se fai “HOME!” que logo quen queda mal es ti....

BLOGME TENDAL CCLXXIII: Deitadas

Sen pinzas, sen nada. Velaí están, tiradas na soleira da xanela. Que imprudencia, nonsi? E se levanta o vento de súpeto? Alá van elas todas polo aire adiante. Supoño que non o farán por mal. Que o farán porque non teñen tendedeiro. Porque non teñen...

BLOGME TENDAL CCLXXII: Desparellado

Está ben ir conxuntada por se un día tes unha urxencia inesperada e tes que ir ó médico, e como te vai ver se tes a parte de arriba que non combina nin farta de viño ca parte de abaixo. Que vai pensar de...

BLOGME TENDAL CCLXXI: Roupas á rúa

Tender na rúa é unha beleza. A beleza de compartir. É unha felicidade, unha alegría. Tender na rúa é un saúdo a veciños e camiñantes, un convite á conversa, un partillar inconsciente de que estás e do como estás. Só para quen queira escoitar. Non...