estenedor Tag

BLOGME TENDAL CCCLXV: Amarelo

Bandeira amarela sobre parede branca. Branco todo. Branco. Nada máis que branco. Branco morto. Nada. Menos o trapo. Cor amarelo insultante, amarelo berro. A cor do sinal que sinaliza a obra. Sempre fai falta un trapo, sempre é útil, necesario, e cando se gasta necesitamos outro...

BLOGME TENDAL CCCLX: Só pantalóns

Velaí están, pendurados cabeza abaixo, inermes, executados, os pantalóns. Só por se comprometer ca vida e co traballo de quen os vestiu e quen os lavou -estes pantalóns son de home, así que, posiblemente non os lavou a mesma persoa que os vestiu- Traballar é...