estenedor Tag

BLOGMETENDAL DCLXCVII: Pero falan.

Falan pra dentro. Falan pra si. Os tendedeiros, coma os gatos, non se levan ca auga. Prefiren quedar ó agocho da choiva e falar, que non paran de falar nin cando chove, pero ca man, digo ca xanela, diante da boca....

BLOGMETENDAL DCLXCV: Baile de parellas.

O vento é ese grupo musical de rúa que atopas cando non esperas e cambiache a boca por sorriso e o paso faise de baile. A man que tendeu, por orde, facilitou a organización do baile, achegando as parellas. Flores, cores e estampados son as luces...

BLOGMETENDAL DCLXCIII: Básico.

Hei preguntar a algunha psicóloga por que sempre imaxino a xente vestida ca roupa que hai no tendedeiro. Neste caso só tres pezas. Unha delas pra os pés. Muller espida non sei se diante do espello ou diante de si. Se se mira, como se mira? Se ten...

BLOGMETENDAL DCLXCII: Desvelado.

Un tendedeiro tan ben organizado coma este, segundo o canon que di que a roupa miúda vai atrás da grande pra ocultala das olladas indiscretas. Parece un tendedeiro de familia; a familia toda sentada nun bambán, contenta. Abanando e rindo. Malia as máscaras...