BLOGMETENDAL DCLXCIII: Básico.

05 Xan BLOGMETENDAL DCLXCIII: Básico.

Hei preguntar a algunha psicóloga por que sempre imaxino a xente vestida ca roupa que hai no tendedeiro.

Neste caso só tres pezas. Unha delas pra os pés.

Muller espida non sei se diante do espello ou diante de si.

Se se mira, como se mira?

Se ten tempo pra mirarse! Igual é algo tan trivial como darlle un auga a esa roupa que simplemente está suada.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: