A casa feita do fondo, con envexa de morar nun encofrado?
A natureza do fondo, con pólas e follas, con vontade de ser árbore con pólas de corda e follas de cores?...
A pedra garda a lembranza do lume vello.
As pedras todas gardan a lembranza da calor dos tempos fríos.
A roupa a secar é un tributo da memoria das mans que quenceron naquela calor ó viren do frío. Cando se volven vestir, esas roupas dan unha...
Espiuse e marchou.
Deixou a casa arranxada e a roupa lavada e marchou. Non deixa atrás miseria ningunha. Para que?
Sabe que a vida é mancharse e limparse e volver mancharse e saber limparse. Unha vez e máis outra vez.
Marchou espida, limpa e lixeira.
Non necesita volver.
O...
Miran, só miran.
Non se sabe se esperan.
Nin se sabe a que miran.
Pero miran con mirada cega.
Á espreita.
Mentres airean
pola regaña da xanela
espreitan
e inquedan.
Se paro, desafían;
se miro, retan;
se apuro ...