BLOGME TENDAL CDXX: Esperando esperanzado

23 Feb BLOGME TENDAL CDXX: Esperando esperanzado

Unha casa non son pedras así como un tendedeiro non son roupas: Este tendedeiro é a esperanza.

A casa está en obras. Non está para vivir e aínda lle falta, pero xa ten o tendedeiro. Cuberto e aireado, abrigado da chuvia ó alcance do vento.

Quen tende neste tendedeiro, vive nunha casa máis cativa e agarda por vir a esta, máis grande e seguro que mellor, máis ampla e cálida e acolledora; con sitio para toda a familia que lle cabe no corazón.

A casa xa está rematada, perdón, trabuqueime, no corazón de quen tende. Están acabados os tabiques, as dependencias, a xente que a habite, as amizades que a visiten, … o vento da humanidade que vai secando roupa mentres non airea xente xa está soprando.

Non vedes que a roupa xa está recollida e a corda espera por máis?

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: