Organización. Toallón, toallón, toalla, calzas, funda de coxín, vestidiño.
De maior a menor ou de menor a maior. De grande a pequeno ou de pequeno a grande. Moita orde, non si?
E o vestidiño...
Todas roupas de interior, agás unha camisa, poida que un par de camisolas.
Todas de cores suaves, crariñas. Branco, rosa e azul cun toque de cor carne, farían unha bandeira pola que eu daría a vida, e, antes, todo o meu agarimo.
Metódica: 3 pinzas por...
Roupas non identificadas, prendidas cunha pinza onde lle cadrou. Sen xeito.
Non sei que son.
Non debe importar tampouco. Só que sequen, que estean listas para seren usadas mais unha vez.
E listo. Para iso é a roupa, nonsi?
O resto é literatura....
A roupa da primeira corda é roupa de vestir, e a roupa da corda de atrás é roupa de durmir.
A roupa de vestir non quere traballar: Quere ir á cama.
A roupa de durmir tampouco quere traballar: Non quere que ninguén se meta na cama.
Mesmo...