blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL LXXVI: Imposible que seque

Todo e nada son a mesma cousa. Velaquí están todas as prendas e todas arreboladas unhas nas outras. O vento, que non entende de matices e impulsa á promiscuidade textil. Sabas, alfombras, calcetíns, cuecas...

BLOGME TENDAL LXXV: Tendal do revés

Os pantalóns do revés, as camisetas do revés, a camisa do revés, os calzoncillos do revés, os calcetíns son negros pero aposto a que tamén están do revés. Só unha muller pode fixarse nestas cousas e ser tan sistemática. O de tender do revés...

BLOGME TENDAL LXXIV: Supertendal

Esa medida de volume-superficie-líquido de "como se fose para unha voda", pódese aplicar a esta trandeira. Está a fartar. A lavadora ese día bota fume. Parece unha manifestación reivindicativa da roupa da casa berrando "Dende o balcón si hai solución". E non hai nenos, para min...

BLOGME TENDAL LXXIII: Sete Saias

É como querer mirar por debaixo das saias a uha das meninas ou a alguén que vista traxe tradicional, que entre tanta baixeira, basquiña, enagua, faldra, frandello, lello, lella, mandil, mantelo, muradana, picote, pololo, calzas, refaixo, sabelo, zagal non hai hipermétrope nin miope nin a-xeito...