28 Abr BLOGME TENDAL LXXVII: Que se lava aquí?
Si. Aquí que se lava? Por moito que laves… Cando fixen a foto lembreime da memoria. As cousas que se lavan e as manchas que non se van. Claro que chamarlles manchas… algunhas si, pero outras non. Nese mono están gravadas manchas que quen as fixo seguro que nin lembra onde as fixo nin lle merecen maior importancia. Normal, deus nos libre do contrario. As manchas hidrosolubles son as mais levadeiras, desaparecen axiña. As outras, as que quedan por non limpar a tempo, as que non habería xeito ningún de limpar… Agora ben, ter sentadoa óá propietarioa diante do mono, cun pitillo ou cunha infusión ou cas dúas, mirando para o mono e lembrando a orixe de cada mancha, a historia de cada mácula que lle foi dando ese apresto, a memoria de quen fixo cousas, mal ou ben, boas ou malas… Para mais dunha emoción daba: Aquel cliente estraño… aquela casa imposible… aquel gotelé… aquel balcón de forxado imposible de lixar… aquel andamio de escaleiras abaneantes… aquela clienta que gastaba ela pintura abondo para pintar a fachada… aqueles pinchos que puñan na casa de… aquel paisano que sentaba a mirar para nós como quen mira xogar ó tute… e outros aqueles con moito máis aquel que aqueloutra un chisco aquelar. Non quero poñerme nin soez nin sentimental, pero eu apúntome a unha conversa así cun viño nunha man e churrasco na outra.

Sen comentarios