blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL CCXIX: TENDAL PANZÓN

Home, maduro e ben mantido. Tripón de tripa ben mantida con churrasco e bacallau á brasa, patacas para acompañar e ensalada para dar un toque de cor. Chegar de traballar, traballo duro (manual ou non) e toparse ca felicidade de sofá, mando a distancia, cervexa...

BLOGME TENDAL CCXVIII: Desleixo

A roupa merece outro trato e non este tirala na corda, chantarlle unha pinza e tira da corda, e outra peza e outra pinza e tira da corda, e … así sucesivamente. Coitadas, están tiradas á baqueta, de calquera maneira, non importa como queden. Póñenlle...

BLOGME CCXII: Tendal urbi et orbe

A benzón papal urbi et orbe non tería mellor balcón que o da basílica de san pedro: un tendal. Mellor roupa que o uniforme talar: un xersei rosa. Mellor chapeu que un capelo: Unha coroa de pinzas. Mellor benzón urbi et orbe que a...

BLOGME TENDAL CCX: Tendal emburullado

Coitada! Que mal fixo para ser tratada así? Vese roupa abrigosa e agradable ó tacto. E di o sol da foto que se é á tardiña, non é sitio de vento, así que xa ten que estar posta na corda coma o carallo, sen pinzas! Canta...

BLOGME TENDAL CCVI: Menage a trois

Estas roupas queren corpos. Corpos maduros e madurados, seguramente pouco traballados pero moi traballadores. Ben merecen alegría aínda que sexa serodia. O vento, o vento… seca e lembra que hai vida porque hai corpos. Un obreiro do naval confesaba nun bar que el descubrira a...