BLOGME TENDAL CCXXIII: Tendal de reflexos

01 Mai BLOGME TENDAL CCXXIII: Tendal de reflexos

blogme 223

Un tendedeiro baleiro non é inútil. Nin mudo. Fala da casa xa que non da xente da casa. Da espera tranquila á que o devir da vida traia roupa, traballos, tensións, descansos.

Este fala de mestura de pinzas de plástico e madeira e escaseza de cordas e de espazo. Non abonda a corda do estendal que hai que poñer outra na xanela. E en caso de urxencia han usar tamén a corda da persiana. Se escaso é o tendedeiro para a roupa da casa, escasa há ser a casa para a roupa da xente e para a xente da casa.

A que se nos quere reducir? Porque está claro que nos reducen, a nós e mais ós tendedeiros.

Tamén queren privatizar os tendedeiros! Tamén isto.

E mentres a roupa non chega, o tendedeiro espera, sen presa. Vendo pasar o vento. A corda das pinzas, coqueta ela, mírase e mírase e relámbese de guapa que está no reflexo da xanela.

Guapa!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: