BLOGME TENDAL CCXXIV: Tendedeiro funambulista

08 Mai BLOGME TENDAL CCXXIV: Tendedeiro funambulista

blogme 224 red

Madames et monsieurs, avec vous… Le étendoire troupe!

Pantalóns lixeiros cabeza abaixo. Frouxos, amplos, móbiles e fugaces. Prendidos á corda do trapecio polos pés, cara abaixo. Secan a ritmo irregular de vento, facendo eles sós camballotas e pinchacarneiros que serían imposibles de non ser pola flexibilidade destas roupas, destemidas da altura.

Poderían facer corda frouxa, pero… tamén, cando o vento agavea pola parede e as colle por sorpresa e as iza cara o ceo.

A xefa da troupe, o roupón da esquerda, presenta co seu brazo esquerdo á troupe. E as camisolas secan elegantes no seu abaneo. Tan elegantes que parece que non hai risco de caída.

E se caeran…

… Se caeran molladas aplastaríanse no chan, chafadas, inermes, mortas. E suxas.

… Se caeran secas, caerían na rede do vento facendo camballotas sen fin ata onde a ollada non dera. Espidas de xente, baleiras de límites… tre tre dificil

O más difícil todavía do cotío!

Viva o circo!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: