Isto é unha especia de cárcere de Alcatraz ou Sing-Sing, como estes aparellos matamoscas e mosquitos, pero pra calcetíns.
En fin, todos sabemos da artería dos calcetíns pra desparellarse igual...
Non é que a roupa estea mal tendida, que o está.
Este tendedeiro cuspe, contesta desabrido aínda que non lle preguntes.
Hai vidas duras que están na corda, como esta roupa. Collidas con pinzas, como esta roupa.
Hai tanto infortunio que non sabe por onde empezar a...
Dá igual a estación do ano. Neste balcón a primavera ensaia facerse perenne.
Florecen plantas, flores e roupas. Florecen cores vexetais e téxtis.
As roupas arrecenden a conversa, armonía e sorriso....
Teño problemas para enfocar a vista con este tendedeiro. Non sei que vexo. Non é que teña miopía, é que sinto que teño asincronía visual.
Estes peleles (bonito nome pra esta roupa de bebé) tan básicos e tan elementais, non sei se son roupa do...
Non o sei. Igual nin está tendida nin caída, igual está tirada. Sen máis. E oxalá.
Porque se é caída, ten toda a pinta de que vai seguir caíndo. Ata tocar fondo. E logo vai necesitar unha man amiga que a acolla e a trate...