Debruzadas na varanda, as roupas contemplan e exhíbense sen pudor a quen pasa pola rúa. Segundo como lles veña o vento, saúdan ou non. Manteñen a ollada de ver e ser vistas sen timidez, ca naturalidade de quen non oculta nada nin nada malo...
As mans que coidan as plantas coidan a roupa.
Estas mans saben de terra e deterxentes, de esterco e manchas e flores e xente limpa!
Por iso florecen as roupas e luce a xente con roupa en flor....