BLOGME TENDAL CCCLXXI: Soa

10 Mar BLOGME TENDAL CCCLXXI: Soa

Sempre me desacougaron os tendeiros nos que só hai unha braga tendida. Non entendía por que só había unha ou varias bragas.

Xa o entendo. Cando por fin entendín sentinme idiota.

Xa sei por que está soa esa e case todas as bragas que tenden soas. A explicación é tan, tan, tan evidente que a visión desta braga visibiliza a invisibilidade das mulleres e das súas necesidades cotiás.

É difícil de pronunciar o anterior, nonsi? Pois non é tan difícil de entender

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: