De loito por unha soedade non querida.
Nin un pantalón, nin un calcetín, nin unha prenda íntima que me faga compañía.
Ser tan delicada non é bo.
De loito pola falta de compañía...
Primeiro lavei os trapos,
logo as servilletas,
despois as bragas,
e a camiseta.
Sequei as mans na toalla.
Púxenas a secar
e sentei a dar crema nas mans....