Canta alegría nun tendedeiro, nas roupa e nas pinzas. De home. Alegre e rideiro. Non me importaría coñecelo. Iso si, se a prenda verde esmeralda non é masculina...
Dous bandos. Dous machos alfa. Pero as forzas non están repartidas en igualdade. As tres camisolas ca banda cosida nas mangas van co albornoz. As dúas sudadeiras están en clara desvantaxe.
Sobra vara pero non hai tendedeiro abondo....
E aquí quen ten vergonza é quen tende, que ten corda abonda, pero arrebola toda a roupa íntima, interior e miúda nun recanto do tendedeiro.
Para que non lla vexamos, para que non imaxinemos...
Digamos que hai roupas máis vergonzosas que outras. Hai as que non teñen problema en que as vexan e outras que lle dá moito apuro e por iso se arrolan na corda.
Coitadas. Coitadiñas.
...