Non hai mellor mastro que un tendedeiro. Non hai mellor bandeira que a roupa lavada. Iso si, que cada quen lave a súa.
(Que semelle a bandeira do Senegal é pura casualidade)...
Se eu fose roupa non deixaría que me tendesen aí. Non creo que cumpra os mínimos de seguridade laboral. O tendedeiro é o posto de traballo da roupa a secar. E ten que ter uns mínimos.
E se cae. Si, pode haber alguén debaixo, pero...
Igual que a liña da varanda, que colle todo o longo da planta e protexe de que ninguén caia, as cordas dos tendedeiros acollen toda a longura do van, protexen á veciñanza alén de quen viva nesas casas; acollen ós visitantes, ós veciños do...