Sempre me desacougaron os tendeiros nos que só hai unha braga tendida. Non entendía por que só había unha ou varias bragas.
Xa o entendo. Cando por fin entendín sentinme idiota.
Xa sei por que está soa esa e case todas as bragas que tenden soas....
Debruzadas na varanda, as roupas contemplan e exhíbense sen pudor a quen pasa pola rúa. Segundo como lles veña o vento, saúdan ou non. Manteñen a ollada de ver e ser vistas sen timidez, ca naturalidade de quen non oculta nada nin nada malo...