Tendedeiro de home. Pode ser deportivo, ou informal. Pero tamén pode ser desleixado. Que centra o seu interese no que fai máis que en facer con alguén.
Peeeero...
A min isto, máis que tender, paréceme que as roupas entraron a roubar na casa (igual foron roubar uns corpos que lles acaesen), oíron ruido da chave na porta e saltaron pola xanela pra fóra, ca mala sorte de que dúas quedaron enganchadas nas...
Sempre me gustaron os básicos. Imaxinar á xente vestida ca roupa que teñen no tendedeiro a secar. Por iso nunca miro quen vive nese tendedeiro, se hai alguén nunca tiro a foto; prefiro imaxinar sen saber, ó meu xeito, deixándome levar pola roupa.
Cando son...
É curioso, os paxaros non pousan nas cordas dos tendedeiros, pero si nos cabos do tendido eléctrico. Curioso. E perigoso.
Estas zapatillas están practicando a arte da corda frouxa. Están na primeira fase: tomarlle a medida á corda. Logo pousarán na corda e teranse...
Son as casas, as plantas e mesmo o ceo o que está tendido a secar.
E está todo collido con pinzas!
Se é que somos así de fráxiles e pasaxeiros.
Non é que se morra, non é que nada acabe connosco, nin comece!
As roupas mudan...