Son as mesmas mans as que tenden nos dous tendedeiros e no último momento e cas presas, quedoulle desparellada esta roupa interior.
E pra que non se sintan desqueridas, por non volver subir ou baixar escaleiras, púxoas no mesmo lado dos balcóns ata que...
A toalla e os trapos de fregar. Todo un equipo. Son a brigada de limpeza. Sen eles a merda comeríanos a pel e a alma.
Máis unha vez: Infinitas grazas a estas prendas sufridas e efémeras...
A vedette no primeiro plano con ese puntiño sensual e ambigüo de cadeira.
Os boys atrás, rudos e enmarcando a beleza e o protagonismo do verde suxerente.
Acabo de me decatar que estou trabándome o beizo de abaixo...