De loito por unha soedade non querida.
Nin un pantalón, nin un calcetín, nin unha prenda íntima que me faga compañía.
Ser tan delicada non é bo.
De loito pola falta de compañía...
Primeiro lavei os trapos,
logo as servilletas,
despois as bragas,
e a camiseta.
Sequei as mans na toalla.
Púxenas a secar
e sentei a dar crema nas mans....
Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo...
Son o lumpen do téxtil doméstico. Os arrastrados, imprescindibles e marxinados.
E é necesario marxinalos, por saúde, por hixiene e por comodidade.
Canto se lles debe e o mal que se lles trata!
A traxedia é que non pode ser doutra maneira...