Author: Avelino González

BLOGMETENDAL DCXIV: Sostible.

De plástico. Son malos de lavar. Pero lávanse. Moito se aproveitan as cousas nesta casa. O sostible non é mercar “sostible” senón aproveitar. Os tendedeiros son "sostibles" en todos os sentidos da palabra...

BLOGMETENDAL DCXI: Deportivo

Tendedeiro de home, non hai dúbida. Aparentemente roupa informal, presuntamente cómoda. Realmente descomprometida. As lavadoras modernas teñen un programa especial para esta roupa deportiva. Non sei se por especialización ou porque recibiron queixas da outra roupa que non quere mesturarse con estas....