Author: Avelino González

BLOGMETENDAL DCCVII: Básico de home.

Na arte de tender hai dúas normas non escritas: Unha que estea o máis estirada posible. Outra que sufra o menos posible ca pinza. Así que, como se tende un pantalón pra que seque mellor? Pola cintura ou polos baixos son as dúas opcións universais. Pero un calzón?...

BLOGMETENDAL DCCVI: …ou de paixón.

Seguro que hai xente que axeita as cores da roupa da cama ás épocas do ano. Seguro. Como hai xente que axeita as cores da roupa da cama ó estado de ánimo ou a situacións concretas. Así que poden ser cores de de semana santa...