Dúas veciñas con cadansúa escolla. Unha ou outra. Pero vese que combinan as dúas na cor e en bailar co vento nesa pista de baile suxa que é a parede deixada.
Fan boa parella. Seguro....
Parece tendedeiro de home pero non.
Posiblemente, as mans que visten a minoría das prendas lave e tenda a maioría.
Unha relación democrática como calquera outra....
Na praza da cruz, unha muller de non moita estatura tende a roupa interior combinando co exterior de plantas, parede, banco e balcón. A xogo co seu redor. Veciñas! Aquí hai vida pra partillar con vós!...