29 Set BLOGMETENDAL DCLXXIX: Amor prohibido
Parece que se agocha o pantalón pegado á parede na corda do tendedeiro, pra non ser visto.
Igual ten relacións íntimas con outra prenda que xa ten outro compromiso e xusto estaban ó que estaban cando chegou… quen non debía de chegar!
Sorte de xanela pra fuxir. Sorte de tendedeiro pra esperar.
Creo que se pasou cas pinzas, mellor sería deitarse na corda como quen cae de enriba.
Se a planta non se chiva, ha saír con ben.
Sen comentarios