BLOGMETENDAL DCLXXII: Biomarcador

04 Ago BLOGMETENDAL DCLXXII: Biomarcador

No tempo no que os animais falaban, como falaron sempre, pero no que a máis da humanidade xa non os entendía; neste tempo digo, estendeuse na parte máis fachendosa da humanidade un aparello que tapaba a boca. “Tapabocas” chamouno esa mesma humanidade fachendosa quen, pra rematar a faena, gabou como medida de hixiene sanitaria o “distanciamento social”.

Así converteu en obxecto material un concepto que xa estaba inoculado nas cabeciñas: o isolamento. Claro que esta pequena e fachendosa parte da humanidade chamou a sempre a este isolamento “dereito á individualidade”. Por iso non foi ningún trauma que este grupo de fachendosos (ó que pertenzo) usase o tapabocas sen problema.

Unha mínima parte desa fachendería preferiu chamar a este obxecto: “tapabicos” ou “matabicos”. Dende a miña torre de fachenda particular, prefiro estes dous. E devezo por bicar, con lingua, a calquera que me axude a espir o eufemismo “dereitos individuais”, “individualismo”…Ui! “Indivi-DUAL-ismo”… uhmm!

Pois case si, mira. De dual pra arriba: trío, quinteto, grupo, a esgalla…!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: