BLOGMETENDAL DCLXXI: Eu lavaríallas.

28 Xul BLOGMETENDAL DCLXXI: Eu lavaríallas.

Sempre as imaxino lavadas por man de muller.
Nunca por man de home.
Se cadra en defensa propia.
Eu lavaríallas, a man.
Un remollo tépedo demorado cun ai! de deterxente.
Logo un enxugue, fregando alí e alí se for necesario.
Despois tendelas. Nun lugar asombrado do tendedeiro, agás que necesitasen que o sol as bicase alí e/ou alí.
Con pinzas brancas, a xogo ca limpeza.
Finalmente dobralas. E gardalas no caixón. Sen apertalas, para conservar a súa delicadeza mol.
E adiviñar cal leva posta.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: