BLOGMETENDAL DXCIX: Que fai o aire onde non hai aire?

12 Mar BLOGMETENDAL DXCIX: Que fai o aire onde non hai aire?

Está o aire a tender.

A cuberto. Non sempre lle presta ó aire estar ó aire. Tamén gusta do acubillo. Non lle presta estar sempre ó ventimperio!

Esa expresión: “ó ventimperio!” Ese aire arroutado e destemido

Mesmo nos aires hai quen se dá aires.

E as pinzas, profesionais, terman de todo, sen se meter en morais alleas. Que fai o aire onde non hai aire?

Se fose vento, non, pero… sendo só aire!?

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: