
19 Feb BLOGMETENDAL DXCVI: Intimidade masculina!
É tan raro atopar un tendedeiro só de roupa interior de home!
Os tendedeiros de roupa íntima de muller son do máis común. Moitas veces dunha prenda só.
Aquí el xuntou as prendas de seis días: seis calzóns e seis calcetíns.
Seis. Terá un ciclo de lavado? Se esta semana lavou en domingo, a seguinte toca en sábado e así sucesivamente? Ou fai vogadas de seis e oito. Porque pinta que é vogada semanal.
Ou ten estilo definido ou mercou destes paquetes de tres ou seis unidades que son máis baratos.
Boxers…. Non quere que se lle note tripa ó se espir. Coqueto…
Ordenado. Os bóxers tendidos todos ó mesmo xeito. Os calcetíns emparellados, agrupados por cor e xeito.
Con esa orde non me cadra a corda mal rematada do tendedeiro.
É piso de aluguer.
Seguro.
Debe ter a casa como unha patena.
Sen comentarios