BLOGME TENDAL DLIV: O dereito a tender

01 Mai BLOGME TENDAL DLIV: O dereito a tender

Tender. Airear. Tender e airear, airear e tender.

Paréceme inhumana (que non está na medida do ser humano, non é atroz, non é cruel, é non-humana) a arquitectura que despreza a necesidade do ser humano de tender a súa roupa acabada de lavar.

Sen máis alternativa que unha máquina secadora.

Deixando sen uso espazos comúns que poderían ser tendedeiros

O tendedeiro de patio de luces é conversa, e o tendedeiro común (como aquel de estacas e cordas, como o que hai na Afurada do Porto) é encontro… e o que xurda.

Ah! “Una giornatta particolare” que beleza de película!

E velaquí están estas roupas, como os cans de piso, pedindo que as saquen á rúa.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: