20 Feb BLOGME TENDAL DXLIV: Peregrino
Á vista extasiada da catedral, por fin, as roupas póstranse diante das torres, logo dun longo camiño purgando os pecados dos corpos que as vestiron.
Onde quedou quen as vestise, non interesa. Estas roupas fixeron o camiño en ausencia de corpo portante, elas só. A funda e máis o saco de durmir.
A roupa sabe moito da humanidade. A roupa sabe que a roupa se ensuxa, e que se lava, e que se volve ensuxar e se volve lavar e…
… e non hai penitencia, quen inventou iso? Hai vida que se vive.
E, a veces, a roupa gástase; a veces, a roupa rompe.
Pero, sempre,
lava máis o xabrón que calquera confesión.
Sen comentarios