BLOGME TENDAL CDLI: Deconstrución

10 Mai BLOGME TENDAL CDLI: Deconstrución

Os paxaros viran pinzas como mostra de adaptación á modernidade.

Deconstrúen o tendedeiro virando en abstración simbólica e levando á esencia a imaxe do paxaro pousado e a da garra prénsil.

Aínda que semelle contradictorio, esta deconstrución constrúe á súa vez unha imaxe conceptualmente complexa, ó converter tamén o tendedeiro en partitura plástica e sonora, superadora de dodecafonismos, na que os chíos pousan nas cordas nas que nunca os paxaros pousan.

Fala de como a espera polo coñecido xera valeiros e o valeiro está cheo de pasado; pois o espectador imaxina, inconscientemente, encher este presente, no futuro, co pasado.

É polo tanto un tendedeiro físico que apela ó sensorial e crea unha imaxe esencial pero evocadora, e que interroga a un futuro non imaxinado sen condicionar respostas.

O Tendedeiro sempre é arte, un punto de encontro entre abstracción e figuración, tradición e avangarda.

1Comentario
  • mcastigarcia
    Publicado ás 16:52h, 10 Maio Responder

    Este texto é precioso, creo que define ben un tendal e o teu blog.
    Sempre un gusto lerche.

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: