BLOGME TENDAL CCXXXV: Teoría do tendedeiro

24 Xul BLOGME TENDAL CCXXXV: Teoría do tendedeiro

Esta foto ilustra ben o que é un tendal ben feito polo canon antigo. Segundo esta norma non escrita pero comunmente aceptada, deberiades imaxinar que vedes este tendedeiro do revés
Segundo a miña tía
“… o tendal ben feito empesa na tina. Antes empesaba xa no lavadeiro, pero aghora ca lavadora xa… aghora é un alabar-a-dios. Pero dá ighual. Ti pos a roupa cun algho de cor debaixo, así non suda por riba da branca. E ó cheghar ó tendal xa vas poñendo da branca prá escura e da grhande prá pequena e xa che queda bonito sen traballo nincún.
Como da ghrande prá pequena?
Claro, así quédache un tendal bonito que xa che leva a vista. Se é de dúas cordas empesas pola grande na de fóra, que luce máis sensillo e non chama a atensión. Aghora hai moita chafallada nos tendais. Boh!”

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: