De loito por unha soedade non querida.
Nin un pantalón, nin un calcetín, nin unha prenda íntima que me faga compañía.
Ser tan delicada non é bo.
De loito pola falta de compañía...
Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo...