22 Ago BLOGME TENDAL DXVIII: Que sexa feliz, señora.
Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo persoal, intransferible. E esculcan restos de ilusións, pegadas de ansia de felicidade.
Levanta da mesa e lava a roupa, a man, e o pano. E renova a ilusión e a ansia de felicidade.
Que sexa feliz, señora.
Un bico
Sen comentarios