Ou moito traballa ou moi limpa é esta persoa, ou moita xente hai nesa casa que traballan no mesmo.
Cabe tamén a posibilidade de que sexa un tendedeiro de empresa
...
É na aldea onde se recicla xa de seu, sen pensalo.
É no tendedeiro onde se recicla xa de seu.
O de “sostible” aquí é rigorosamente certo.
Un tendedeiro de aldea é o natural.
Un tendedeiro de cidade é a loita contra o cambio climático e defensa do...
E á espera. Preparado pra acoller calquera roupa.
Ese plásticoé comounha desas cortinas de urxencias que separan unha cama de outra, que preservan as doenzas de olladas alleas. Cos útis necesarios pra calquera intervención: as pinzas.
Non hai moito risco aquí. As pacientes pasan só...
Tan negro que parece que as sombras son as que están nas cordas.
A veces é mellor vestir cas sombras que cas roupas. Son máis suxerentes, variables, imaxinativas.
E adoitan sentar mellor!...
As roupas da primeira corda todas, recóllense pra deixar paso ó vestido gris, todo cheo, que se abre a bailar.
Un vestido que pide un corpo. De baile.
Pide que o enchan da levidade xusta pra seguir o ritmo que marca o vento, esa orquestra....