BLOGMETENDAL DCLXXVI: De garda.

08 Set BLOGMETENDAL DCLXXVI: De garda.

E á espera. Preparado pra acoller calquera roupa.

Ese plásticoé comounha desas cortinas de urxencias que separan unha cama de outra, que preservan as doenzas de olladas alleas. Cos útis necesarios pra calquera intervención: as pinzas.

Non hai moito risco aquí. As pacientes pasan só un período de convalecencia necesaria pra a estabilización das súas constantes que lles permitan gozar da súa saúde en plenitude.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: