varal Tag

BLOGMETENDAL DCCLXXVII: Sós, nós

Xa non se labran os campos, non se traballan as hortas, non se colgan as roupas. Quedan os restos de cando falabamos co entorno. Só medra o silencio. E o abandono, o noso, de nós, de abandonármonos, isolármonos. Como se puideramos vivir sós...

BLOGMETENDAL DCCLXXV: Alisado.

Despois do programa de centrifugado das lavadoras, as roupas quedan engurradas de vez. Téndense e alísanse e xa está. Se cadra, cando recollan o tendedeiro para alisar, podían aproveitar para recoller o edificio e alisalo tamén. Un pouco engurrado está....