En realidade, viste a mesma prenda. Só muda a cor e o estampado.
E no caso das toallas, o tamaño
Esa idade na que encolle o mundo, encollen as ansias, os desexos e o fondo de armario...
Pesa o público, o visible, a apariencia exterior.
O íntimo, o de visibilidade limitada, a apariencia interior, tamén pesa pero doutra forma.
Non creo que pese menos, pero si doutra forma.
A unidade de pesos e medidas non rima nin en ritmo con este haiku de dúas...
Con ese desleixo propio de cando se está con gana de non facer nada (que non é o mesmo que “desgana”)
Con ese desleixo propio de non ter que facer nada que non se queira facer.
Son as roupas, é este tendedeiro improvisado e desleixado quen...
Falan a roupa e mais as árbores da envexa que as árbores teñen ás plantas de balcón: Teñen cor.
Falan as plantas dos testos da envexa que teñen ás árbores: Viven anos
Falan as sabas da envexa que teñen ás follas das árbores: nunca feden a...
Nun día de praia el usa dous bañadores e ela só un bañador de dúas pezas!?
Moito me gusta como está tendida a parte de abaixo do bikini.
Gústame tamén imaxinar que agora están practicando na casa o que non fixeron na praia ou na piscina...