Calcetíns coma guantes e guantes coma calcetíns.
Hai tempo eran doados de distinguir uns dos outros. Agora hai que deterse e ollar con xeito.
Coitados! Ningún mereceu unha pinza!...
Velaí están as roupas. Non están a secar, están acochadiñas debaixo das uralitas pra se protexeren de choivas, ventos e olladas.
Xente reservada, esta roupa.
Xente familiar, apertadas unhas cas outras.
Xente prudente de máis....