ropa Tag

BLOGME TENDAL CCCXI: Muller traballadora

Profesional, moi profesional. Uniforme de traballo multidisciplinar. Pra limpeza e xardinería. Cómoda. O pantalón de mahón que se pode manchar; calcetíns de cor, esa maneira feminina de chamar pola alegría; e as prendas de arriba cómodas e refrixeradas pra que a suor do esforzo...

BLOGME TENDAL CCCVIX: Tendedeiro precario.

Non é que a roupa estea mal tendida, que o está. Este tendedeiro cuspe, contesta desabrido aínda que non lle preguntes. Hai vidas duras que están na corda, como esta roupa. Collidas con pinzas, como esta roupa. Hai tanto infortunio que non sabe por onde empezar a...

BLOGMETENDAL CCCVII: Tataravós e tataranetos

Teño problemas para enfocar a vista con este tendedeiro. Non sei que vexo. Non é que teña miopía, é que sinto que teño asincronía visual. Estes peleles (bonito nome pra esta roupa de bebé) tan básicos e tan elementais, non sei se son roupa do...

BLOGME TENDAL CCCVI: Tendida ou caída?

Non o sei. Igual nin está tendida nin caída, igual está tirada. Sen máis. E oxalá. Porque se é caída, ten toda a pinta de que vai seguir caíndo. Ata tocar fondo. E logo vai necesitar unha man amiga que a acolla e a trate...