ropa Tag

BLOGME TENDAL CDXX: Esperando esperanzado

Unha casa non son pedras así como un tendedeiro non son roupas: Este tendedeiro é a esperanza. A casa está en obras. Non está para vivir e aínda lle falta, pero xa ten o tendedeiro. Cuberto e aireado, abrigado da chuvia ó alcance do vento. Quen...

BLOGME TENDAL CDXIX: Tendedeiro de copla

Os trapos tamén namoran Manuel, Manueliño, a túa chaqueta ben cheira, cheira a rosa, cheira a flor, cheira a flor da laranxeira Non hai flor, non hai flor, Maruxiña, non hai flor como a túa e a miña; non hai flor, non hai flor, Maruxeira, non hai flor como a da laranxeira....

BLOGME TENDAL CDXVIII: Que miran?

A casa feita do fondo, con envexa de morar nun encofrado? A natureza do fondo, con pólas e follas, con vontade de ser árbore con pólas de corda e follas de cores?...

BLOGME TENDAL CDXVII: Na lareira

A pedra garda a lembranza do lume vello. As pedras todas gardan a lembranza da calor dos tempos fríos. A roupa a secar é un tributo da memoria das mans que quenceron naquela calor ó viren do frío. Cando se volven vestir, esas roupas dan unha...

BLOGME TENDAL CDXV: Á espreita

Miran, só miran. Non se sabe se esperan. Nin se sabe a que miran. Pero miran con mirada cega. Á espreita. Mentres airean pola regaña da xanela espreitan e inquedan. Se paro, desafían; se miro, retan; se apuro ...