En canto suba o pano, digo a persiana, terá lugar a representación de teatro bucólico sobre os amores da pastora e o cabaleiro. Que fuxen polo bosque para consumar o seu amor.
Haberá títeres de luva por riba da saba, teatro de sombras por tras...
Cando arranque a caravana, non fará falta enganche extra.
Pois o tendedeiro, une e tira e remolca vidas e vivencias.
Así andamos pola vida, a remolque. A roupa lembra os arranques. A corda lembra as roupas....
Listo para vestir.
Na corda de adiante a parte de arriba.
Na corda de atrás a parte de abaixo.
Se foi casual, que bonitas as casualidades!
Se foi a mantenta, que perigo as psicopatías leves! (E que interesantes!)...