Porque sei a vida que hai dentro.
Hai profesións que teñen a toalla como ferramenta e traballa a toalla tanto como a súa ama, que non é a ama da casa, nin do balcón, nin da corda, só da pinza e do pano.
E...
A luz e a cor que non hai nas camisolas, está nos boxers. Aquí é onde desprega a alegría.
Él vese gordecho, (vese no tamaño das camisolas). Pero gústalle gustar, vese na cor dos boxers, e no por que só ten boxers.
A teoría estética...
Non mesturar o traballo co ocio,
Non vivir para traballar,
Non mesturar o laboral co doméstico,
Non mesturar a roupa de vestir ca roupa de traballar
Non mesturar unha roupa ca outra.
Non vaia ser que se lle pegue, e cando poñas a roupa de cotío che entren gañas...