E aquí quen ten vergonza é quen tende, que ten corda abonda, pero arrebola toda a roupa íntima, interior e miúda nun recanto do tendedeiro.
Para que non lla vexamos, para que non imaxinemos...
Digamos que hai roupas máis vergonzosas que outras. Hai as que non teñen problema en que as vexan e outras que lle dá moito apuro e por iso se arrolan na corda.
Coitadas. Coitadiñas.
...
Pero se aínda tiña corda!
Que desleixo. Esas roupas non están tendidas: están tiradas de mala maneira, a embute, ó chou.
Un: “Xa secaredes se queredes”
Así non se fai “HOME!” que logo quen queda mal es ti....
Aforras, mira. En plancha e mais en armarios e perfume
Así como a tendes para que seque, xa que as pós en perchas, xa quedan estiradiñas (daquela maneira) como se as plancharas.
E se é un sitio no que non chova (e aquí chove apenas) xa...