BLOGME TENDAL CCLXXXIV: Preguiza

02 Xul BLOGME TENDAL CCLXXXIV: Preguiza

E aquí quen ten vergonza é quen tende, que ten corda abonda, pero arrebola toda a roupa íntima, interior e miúda nun recanto do tendedeiro.

Para que non lla vexamos, para que non imaxinemos… Imos imaxinar igual!

Ou iso ou é unha persoa ben preguiceira, que non quere pasar o traballo de tirar da corda.

Lacazán!

 

 

2 Comentarios
  • Marisa Castiñeira
    Publicado ás 11:49h, 02 Xullo Responder

    Eu tamén colgo a roupa miúda na corda de dentro 🙂

    • Avelino González
      Publicado ás 10:55h, 03 Xullo Responder

      E fas ben. Cumpres ademáis, co canon tradicional de facer un tendal. Só espero que non a apiles toda xunta nun recanto, que seca mal.

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: