Se non fora polo body, pensaba que podería ser un home pequeno.
Pero non, son fillo e pai, que pola rúa pasean collidos pola man, e cando están na casa saen ó balcón a...
De secar. E postas a esperar que mellor que esperar tranquilamente sentadas, en cadasúa cadeira, en tranquila e relaxada conversa, ó sol. Sen presa.
Canta envexa non ten a ama destas súas roupas.
Canto non lle prestaría a ela sumarse cun café, cun té, cun gintónic,...
... de roupas sombras, cordas e aire.
Sorte que as pinzas, teñen con pulso firme das roupas sombras cordas e aire.
Sorte para nós.
Pois que sería de nós sen o abrigo das roupas, a suxestións das sombras, o abaneo das cordas e o correr do aire.
E...
Está o aire a tender.
A cuberto. Non sempre lle presta ó aire estar ó aire. Tamén gusta do acubillo. Non lle presta estar sempre ó ventimperio!
Esa expresión: “ó ventimperio!” Ese aire arroutado e destemido
Mesmo nos aires hai quen se dá aires.
E as pinzas, profesionais,...