Porque se se tenden así os pantalóns quédalles unha raia doente que hai que cargar na plancha e poñer todo o vapor do mundo para borrala.
Ou quen tendeu non plancha
...
Se fora un xornal ou unha revista o que lles puxera, poñeríallo para que tivesen algo que ler mentres secan.
Pero sendo folios, seguro que ten a roupa a estudar para ...
As cordas frouxas, colgantes, lasas. Mortas.
Ata que o pau da fregona se transmuta en bauprés, espolón que fura o mundo e afirma a arboladura do tendedeiro, convertendo as cordas en cabos, os panos en foques, as pinzas en gratís.
En canto levante vento abondo, a...
Onte houbo festa.
Queda a pegada no vestido, vermello alegre, en forma de olor a suor e a sorriso e a baile.
Hai que lavalo a parte? Si, porque senón dilúese a alegría.
E porque hoxe hai máis....
Sen pinzas, sen nada. Velaí están, tiradas na soleira da xanela. Que imprudencia, nonsi? E se levanta o vento de súpeto? Alá van elas todas polo aire adiante.
Supoño que non o farán por mal. Que o farán porque non teñen tendedeiro. Porque non teñen...